CONTRATO CON DIOS
LA VIDA EN LA AVENIDA DROPSIE
UNA TRILOGÍA DE WILL EISNER
Unha boa elección para aqueles que lle teñen medo a unha novela tradicional cos seus parágrafos longos e densa escritura. Fará que descubran a novela gráfica e as súas posibilidades.
O libro divídese en tres partes que falan, a un mesmo tempo , de todo e de nada, sempre xirando en torno a unha rúa do Bronx neoiorquino: a Avenida Dropsie, e concretamente o edificio número 55.
Contrato con Dios presenta 4 historias centradas en como vivían as xentes dos anos 30 na gran cidade.
Ansia de vivir sitúanos na Grande Depresión posterior a 1929 e engade unha reflexión sobre a razón de vivir.
La avenida Dropsie, sen dúbida a mellor das tres partes, recolle un século e medio de historia do barrio, desde que aínda había granxas no Bronx ata a chegada das urbanizacións, os inmigrantes, etc .
Todo isto descubrímolo a partir dun xeito de debuxar enormemente expresivo e dunha forma moi concisa de narrar.
Estou segura de que a todos os “urbanitas”, que vos gustan as historias de barrios “gamberros”, disfrutaredes moito con este ¿comic?.
Por certo, para os que abusades das maiúsculas ou nunca as utilizades: todos os personaxes “falan” con maiúsculas ¿Será a propósito...?
Xa me contaredes.