domingo, 14 de octubre de 2007

DIARIO DE UN BLOG

Día 20 de xullo de 2007
É o segundo día de Master; estou empezando a sentirme cómoda. É unha sensación moi agradable estar na aula “ó outro lado”. Por outra parte os “compañeiros” son case como os meus alumnos, pero sinto que son unha de eles .Creo que vou a aprender moitas cousas, e non só sobre as TICS. Xa veremos...

Dia 24 de xullo de 2007

Despois de comentas as razóns polas que estamos aquí (a meirande parte dos compañeiros están a preparar as oposicións,os pobres) chega a miña primeira proba: Power Point. Agora vexo que as Novas Tecnoloxías son iso :para NOVOS. Vou ter que poñerme ó día en moitas cousas, pero xa ía sendo hora. Realmente non é tan complicado se un se implica. Pero, ¿ata que punto isto vai mellorar o meu traballo?
26 de xullo de 2007

A nosa profesión é complicada, como moitas. Pero tamén debe ser moi vocacional. Hai cousas que se poden facer sen ganas, pero ser mestre non. Non me sorprendeu o artigo do Progreso (28-3-2006) de Jorge de Vivero. Xa teño escoitado comentarios dese tipo nos centros de Secundaria. Penso que non merecen comentario. Hai xente que todavía está no “instituto anos 50”, e son os que dan pé a esa xente que di que os seus fillos van á “privada” porque están máis controlados o porque no instituto non son máis que un número. Menos mal que xa quedan poucos e o resto deben estar a piques da xubilación.As novas xeracións (e incluso a miña) teñen un concepto moi diferente.Tamén as familias de hoxe se implican máis en establecer vínculos coa escola. Pero é significativo que haxa unha nova tendencia a deixar a educación con todo o que implica só en mans da escola.Unha escola grande ten unha variedade enorme de implicación do profesorado, pero, Rufino, non asustes ós compañeiros :hoxe en día hai un montón de xente moi traballadora.

28 de xullo de 2007

Comenzamos as clases de Javier Cancela; así como nas clases de Rufino todo me resulta familiar, aquí pérdome. Son moi interesantes todas as informacións sobre ferramentas e” software” que nos presenta. A elaboración da actividade me resulta difícil e pelexo moito co meu ordenador para saber colocar ben “encabezado e pé de páxina”

Dias 3 e 6 de setembro de 2007

Pásoos no instituto facendo exames e avaliando.¡que complicado é sempre!Cóntanme os compañeiros o novo traballo que temos que facer. ¡Non me chega o tempo!Estou moi pendente na prensa e televisión da polémica suscitada pola nova asignatura a implantar. Outra vez os cregos a protestar...

Día 10 de setembro de 2007

¿Realmente os medios van mellorar o meu traballo? Despois de ver todas as páxinas web que os compañeiros buscaron recoñezo que hai material magnífico na rede para empregar na aula, pero considero que é un soporte máis axeitado para os rapaces de agora e non unha panacea que resolva o fracaso escolar. Pode reducir traballo ( ou aumentalo, como no meu inexperto caso) pero non é sustituto de nada. Considero que a nosa vantaxe consiste en que podemos recurrir a máis variedade de medios, e que debemos utilizalos todos. Se nos limitamos a un só ,por moi moderno que sexa, os alumnos cansan. A nosa función é buscar cal pode ser o medio máis axeitado para o que queremos ensinar e explotalo ó máximo.

Día 15 de setembro de 2007

Despois de intentar salvar sen éxito ós pasaxeiros dun avión, pasamos ó tema que menos deixa durmir a un profesor: a avaliación. Realmente recoñezo que hai moitas interferencias de fóra do ámbito académico que inflúen na avaliación, pero¡ é tan difícil ser xusto...! Aínda tendo en conta a avaliación inicial e o progreso individual do alumno, procurando coñecer o ámbito familiar, fixándote no carácter e personalidade do avaliado-hai rapaces ós que unha mala nota os “pica” e estimúlaos a mellorar e outros ós que unha pequena axuda na nota lles fai comprometerse contigo- no traballo na aula, etc sempre hai dúbidas. Como xa dixen na clase, eu prefiro sempre” tirar “ para arriba; prefiro dar un aprobado inxusto que un suspenso dubidoso. De tódolos xeitos os adolescentes son algo severos.Poderíase calificar a un alumno sen facerlle un exame tradicional, pero eles queren ver ben clariño de onde sae a nota.

18 de setembro de 2007

Comenzamos o módulo 2. Eulogio Pernas nos presenta as posibilidades do Foro, Chat, Correo. Realmente o chat non me parece moi útil no meu caso,e realmente creo que os rapaces están a chatear cando chegan a casa, a mandar mensaxes dende o móvil, e cando se xuntan apenas falan. Pero o foro paréceme fantástico. Compartir opinións , material, disentir, dar razóns.... Hoxe falei por primeira vez nun foro. Síntome moi orgullosa. Creo que isto produce adición.
21 de setembro de 2007

Hoxe aprendín sobre PowerPoint. De momento teño que dixerir tanta información xunta.Para practicar fixemos algún experimento. Non quedou mal.

25 de setembro de 2007

Lola Sanz nos fala da comunicación , da información e da súa importancia. Fixemos un pequeño debate sobre pros e contras das TIC . En realidade vivimos nun momento de coexistencia .Todavía lemos libros impresos , escribimos com bolígrafo, pero xa case non mandamos cartas e a información xa non a buscamos nas bibliotecas tradicionais.Chegamos a algunha conclusión que certamente dá medo: o poder está hoxe en día na información; quen a ten controla o mundo, e ó mesmo tempo agora podemos acceder a moitísima información. Está claro , como comentei algún outro día, que ós rapaces teñen que aprender a ser críticos e a deixarse manipular o menos posible.

29 de setembro de 2007

¡Que difícil é traballar con tanto” software”¡ Creo que o meu disco duro é incapaz de procesar tanta información. Agora empezo a verme como eses alumnos que nalgún momento da súa vida perderon o fío dunha materia a agora son incapaces de poñerse ao día. ¡Claro que as idades non son as mesmas¡ e o meu cerebro xa está bastante cheo, mentras que o deles está por encher. Teño que rematar a miña autopresentación antes de que se me esquezan asutilidades, ferramentes, efectos de animación. Non chega cunha presentación en PowerPoint para asimilalo todo; dillo a Eulogio.

1 de outubro de 2007

Lola é un encanto. Ela si que sabe o que é a comunicación e como comunicar. Pode que o tema que ela presenta sexa máis doado para min, e en sintonía co que eu estudiei e co que eu traballo. A fin de contas , o que pretende un profesor de lingua estranxeira como fin último é conseguir que os nenos se podan comunicar en outra lingua. Ademais esta muller está tan entusiasmada con todo un mundo de posibilidades de comunicación que nos abren as TIC que convence. De tódolos xeitos, fixemos uns debates moi constructivos sobre os posibles perigos que o exceso de información pode causar. A verdade é que , hoxe en día, o mundo está dirixido por aqueles que poseen a información; polo tanto debemos estimular o espíritu crítico nos nosos alumnos,para que sexan o menos manipulables posible.

4 de outubro de 2007

¡Todo Lugo de festas e nós ao pé do canón¡ (e non é só en sentido figurado).Hoxe creamos o noso blog. Pódense facer un montón de cousas con el. Pode que ,se chego enteira ao final do Máster, intente colgar algún para os meus alumnos. Empezarei pola titoría; penso que se lle pode sacar moito rendemento e facer cousas interesantes cos rapaces.Ademais, así eles me boterán unha mano. Síntoo Rufino, pero a min non me preocupa nada que eles saiban máis ca min; ao contrario, recoñezo que a eles encántalles sentirse nalgúns momentos máis seguros. Todavía non teño claro se esto que estou escribindo ten que ir ao blog ou non; falaremos o luns.
Día 8 de outubro de 2007

Hoxe tocou organizar os grupos e comenzar a distribuír o noso traballo. Ö final decidimos escoller a idea do concello porque , ademáis de ser orixinal, penso que pode dar moitas e variadas opcións. Hai que ter en conta que é un concello pequeño e todavía se nos poder ocurrir cousas que nun concello grande xa teñan postas en practica. O grupo é moi numeroso (somos 5), pero todos da mesma zona. Ademáis hai xuventude e madurez, que dependendo da tarefa, poden vir ben os dous puntos de vista.

Día 11 de outubro de 2007

Comenzamos o módulo 3.Tíñalle bastante medo a esta parte , pois non me gusta moito divagar. Creo que tiña razón , pero cando entras no “brainstorming”...Quizáis eu sexa demasiado pragmática o que se me acumula o traballo e me atropella o tempo. Xa veremos que sucede na próxima sesión. Mentras tanto sigo a pelexar co “software”.
15 de outubro de 2007

Comenza o módulo 4, que intenta explicarnos a razón de que as TIC non cheguen ao sistema educativo; parece que a culpa a teñen de momento os sistemas organizativos que aínda se manteñen na escola. Hai certas cousas que se repiten en varios módulos, e creo que xa todos temos claro que a sociedade actual sufriu uns cambios a nivel de información aos que debemos adaptar todo, e a escola fundamentalmente. Pero o que non vexo claro é como. A teoría non ten nada que discutir, pero a min gustaríame que xurdiran ideas para levalo a cabo. Por exemplo, hoxe falamos da rixidez dos espacios e dos tempos. ¿Alguén me pode explicar como, nun centro ducativo de 800 alumnos se poden flexibilizar os tempos e as aulas de modo continuado? Pódese cambiar a distribución dentro da aula, ir un día ao patio, á biblioteca....pero xa nos pelexamos polos DVDs, polo salón de actos, polas aulas de informática... ¡Non poden 4 profesores levar aos seus grupos xuntos á biblioteca!Os rapaces teñen un horario de 50 minutos por materia; tamén excepcionalmente podes pedir uns minutos ou unha sesión a un compañeiro, pero non podes facelo todos os días.Asi que reivindico algunha axuda práctica, que da teórica xa estamos convencidos.¡E deixade de dicir que os malos somos os de institutos, que a todos nos toca un pouco!

No hay comentarios: