miércoles, 17 de octubre de 2007

LECTURA: EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS

EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS
AUTOR: JOHN BOYNE
EDICIONES SALAMANDRA 2007

Esta novela trata un tema xa moi manido, como é o dos campos de concentración alemáns e a persecución dos xudeus durante a Segunda Guerra Mundial. Sen embargo, engancha ao lector dende o principio pois comenza como un conto, cun narrador infantil que mostra o que pasa pola mente de Bruno, un neno de nove anos, que é protagonista dunha serie de feitos que non entende ben.Bruno é un rapaz cunha vida feliz en Berlín, onde ten unha casa grande, moitos amigos”para toda la vida”, unha aboa divertida que fai obras de teatro e festas para os seus netos, criados... Pero un día, despois de que alguén moi importante (el Furias, di el) fora a cear á súa casa, todo cambia e ten que deixar todo o seu mundo e marchar a un lugar que non coñece, a unha casa ó lado dunha grande alambrada.O lector coñece o lugar a través dos ollos deste neno de 9 anos. Aínda que ao principio rexeita todo aquilo tan diferente ao seu fogar,pouco a pouco vai investigando e a súa curiosidade vai en aumento, sobre todo cando coñece a Shmuel, un neno da súa mesma idade pero que vive ao outro lado da alambrada.De feito, os seus recordos dos amigos e da cidade, que nos primeiros meses repite unha e outra vez, vanse difuminando ata que ,ao final, nin recorda os nomes daqueles amigos “para toda la vida”.Nesa nova casa en Polonia (nin sequera el sabe que non está en Alemania), en “Auchviz” vive co seu pai “el comandante”, súa nai, a súa irmá Gretel e algún criado. Alí descubre que ao outro lado vive un montón de xente, toda vestida igual, cun pixama de raias, todos delgados, sucios e tristes. Bruno non entende que fai tanta xente alí vivindo tan mal e por iso decide investigar. Isto lévalle a facerse amigo dun dos nenos do Campo e a atravesar disfrazado cun pixama a raias a alambrada que lles separa desa xente . O final é tan triste como predecible.
Quizais o que máis logrado está do personaxe de Bruno é o seu concepto de “ ben educado”, como asimila as normas de “prohibido entrar bajo ningún concepto y sin excepciones”, “prohibido interrumpir a un mayor cuando está hablando”, “prohibido ir a la alambrada”...Sen embargo o seu personaxe non evoluciona moito; leva moitos meses en Polonia e aínda non sabe onde está, quen son os xudeus, por que están alí... Cando fala co seu amigo é incrédulo sobre o que el lle di, e incluso egoísta (cando ten fame , come o que lle leva ao seu amigo).Tampoco é moi claro o personaxe do pai: por unha banda é un comandante das SS, un triunfador ó servicio de Hitler, que ensina ao seu fillo a saúdar militarmente,quelle di que os alemáns son superiores, que están corrixindo a Historia. Pola outra , regala ao seu fillo A illa do tesouro, axuda á criada a coidar da súa nai e busca incansable e desesperadamente ao seu fillo; cando descubre a realidad afúndese na desesperación para sempre.

De todos modos é un relato moi recomendable. E sería moi interesante que os adolescentes o puidesen ler e traballar sobre el.

Eu recomendaría traballar na aula algún capítulo en concreto. Por exemplo.no capítulo 5, Bruno acaba de chegar á súa nova casa e non lle gusta o que ve; decídese a falar co pai e contarlle que quere volver a Berlín. Per o pai dálle unha “boa” razón para quedar:
“- Cuando yo era niño- dijo entonces- había ciertas cosas que no me gustaba hacer, pero si mi padre decía que lo mejor para todos era que las hiciera, yo me esmeraba y las hacía. -¿Qué clase de cosas?- preguntó Bruno. - Pues... no sé – Se encogió de hombros-. Cosas normales de la vida diaria. Sólo era un niño y no sabía qué era lo mejor para mí. A veces, por ejemplo, no quería quedarme en casa a terminar los deberes, quería salir a la calle para jugar con mis amigos, igual que tú.Ahora miro hacia atrás y veo que era una tontería.......también entendía que mi padre, tu abuelo, sabía qué era lo que más me convenía, y que yo siempre estaba más contento cuando lo aceptaba. ¿ Crees que habría tenido tanto éxito en la vida si no hubiera aprendido.....cuándo obedecer sin rechistar?...Ahora calla y escucha....He sido muy atento con tus sentimientos, Bruno....- ¡No quiero aceptarlo!- gritó Bruno...- Vete a tu habitación- dijo Padre en voz baja, y Bruno comprendió que lo decía en serio...”
Á maioría dos nosos alumnos débelles resultar difícil de comprender esa relación de pai e fillo, na que “as cosas son boas se as di o teu pai”,posto que , hoxe en día, os adolescentes cuestionan todo o que os pais din.A min gustaríame comparar este libro con O clube dos poetas mortos, onde precisamente se cuestiona esta disciplina e se valora máis o espíritu crítico e a personalidade individual.Pensemos, por exemplo, na escea na que o novo profesor de literatura sae ao patio cos rapaces e mándalles camiñar.Todos siguen unritmo marcial ata que el lles di que cada un debe ter o seu ritmo, a súa cadencia, ou incluso ser libre para decidir tamén non camiñar. Eu prefiro este segundo concepto de educación.

No hay comentarios: